Venta y envío de libros

Inmobiliaria
Automóviles
Informática
Electrónica
Casa y Hogar
Turismo y Viajes
Publicaciones
Servicios
Trabajo
Otros anuncios
Venta de libros y envío a todo el mundo

TEORIA DO CAOS (PREMIO XERAIS DE NARRATIVA 2001)

ISBN: 9788483026946
Paco, o alcalde de Santorén, recorda o que un día lle dixera Lucía, o seu amor primeiro, cando os dous eran militantes dun partido clandestino formado por a penas un cento de revolucionarios: �deixar de ser novo era cifrar as aspiracións dunha vida�. Novela coidadosamente construída en forma de traxedia e estructurada sobre tres planos que se van intercalando, A teoría do caos propón ao xeito da Rayuela de Cortázar e o Paradiso de Lezama Lima múltiples lecturas do enfrontamento dialéctico de dúas xeracións e a confrontación de formas de entender a conquista do paraíso, de recuperar a levidade, de vivir a vida.Paco, o alcalde de Santorén, unha vila da Costa Morte, sofre un pesadelo pola morte do cabo Agapito, a quen atoparon na corredoira do monte coa cabeza desfeita por tres disparos.Nesa noite, Paco recordaba o que un día lle dixera Lucía, o seu amor primeiro, cando os dous eran militantes dun partido clandestino formado por a penas un cento de revolucionarios: �deixar de ser novo era cifrar as aspiracións dunha vida non en salvar a Patria, senón en chegar a alcalde dunha vila de segunda�. Podería ser certo, pero para este médico, dedicado á actividade política, a vida tampouco lle ía tan mal, despois de pasarse ao partido conservador e a pesar do permanente litixio que mantiña con Pousada, o alcalde de Mirandela, pola delimitación da extrema entre os dous concellos. Un conflicto que o desacougaba e ao que non era alleo, tampouco, o destino do Monte, ese faro de luz branca, o último paraíso que quedaba na comarca, onde teimaba en ubicar un vertedoiro para o tratamento dos residuos. Outro feito que o enfronta co seu propio fillo, Antonio � O Roxo�, o inquedo estudiante de Físicas, o ecoloxista e líder da oposición veciñal contra o vertedoiro que propón un plan alternativo de reciclaxe integral. Ademais, Paco mantiña unha actividade secreta, a da escritura dunha colección de vidas paralelas, vidas de heroes revolucionarios que publica baixo o alcuño de Roi de Neisón na páxina web do Batallón Literario da Costa da Morte. Vidas como a de Roque Dalton, o comandante Che Guevara ou Rosa Luxemburgo. Paco, sen dúbida, agacha con esas vidas paralelas a súa loita na procura do paraíso.¿É inevitable cambiar de ideas ao chegar á madurez? ¿Non hai outro remedio que