Venta y envío de libros

Inmobiliaria
Automóviles
Informática
Electrónica
Casa y Hogar
Turismo y Viajes
Publicaciones
Servicios
Trabajo
Otros anuncios
Venta de libros y envío a todo el mundo

GALICIA (ED. FACS.) EXEMPLAR Nº 0828

ISBN: 9788483024881
A presente edición respecta a orixinal encadernada en cartoné, reproducindo a decoración xeométrica da cuberta, impresa neste caso, sobre a que campeaba un gran escudo de Galicia, os fotograbados de Thomas, os debuxos de Passos e Delgado e os cromos de Xumetra, se ben nalgúns casos, lixeiramente desprazados da súa inserción orixinal, por mor da adaptación ó sistema industrial de encadernación. Aquela edición de 1888 pertencía á colección "España. Sus monumentos y artes. Su naturaleza e historia", que o editor barcelonés Daniel Cortezo lanzaba sen escatimar os últimos adiantos do momento na arte de imprimir en cromo. Acorde co espírito da colección, a finalidade desta obra era darlles a coñecer Galicia ó resto dos españois. Manuel Antonio Martínez Murguía, nacido o 17 de maio de 1833 no lugar de Froxel, freguesía de San Tirso de Oseiro, no concello de Arteixo, foi o gran historiador galego do século XIX facendo desta disciplina un instrumento de reivindicación nacional porque, segundo feliz expresión do propio Murguía, un pobo sen historia é un pobo morto. Manuel Murguía foi tamén o constructor do primeiro corpus teórico da galeguidade, dunha teoría da identidade que nos permitiu ós galegos descubrir os nosos horizontes como pobo con cultura propia. Galicia é un dos libros máis significativos da obra de quen foi o primeiro Presidente da Real Academia Galega. Concibido polos seus editores ó xeito de guía ou libro de viaxes para dar a coñecer Galicia, dificilmente se podería ter atopado a alguén máis entusiasta e autorizado para esta tarefa. Murguía non era persoa que, tratándose de Galicia, se conformase co epidérmico ou co anecdótico. "No es por el placer de proclamar la hermosura de nuestros campos (...) ni por ensalzar la patria que uno ama, por lo que la describimos: es sí para que conociéndola, se conozca mejor su historia, su arte, la vida interior del pueblo que en ella se asienta", dinos el mesmo. Nas páxinas de Galicia podemos atopar algunhas das mellores aportacións de Murguía ó estudio da prehistoria, á mitoloxía e ó folclore populares. Por se isto non abondase, nos capítulos reservados ás cidades aparecen resumidas aportacións claves ó estudio da historia de Galicia, e implícito o seu concepto sobre o ser e o deber ser do seu país. Cento doce anos de