Venta y envío de libros

Inmobiliaria
Automóviles
Informática
Electrónica
Casa y Hogar
Turismo y Viajes
Publicaciones
Servicios
Trabajo
Otros anuncios
Venta de libros y envío a todo el mundo

ARRABALDO DO NORTE

ISBN: 9788483024256
Arrabaldo do Norte, publicada por vez primeira en 1964, constitúe a primeira novela de Méndez Ferrín, agora reeditada na serie Literaria da colección de Peto de Xerais. Esta é unha obra de extraordinarias suxestións. O labirinto, a procura do incógnito, o eterno retorno... E todo exposto cunha técnica exquisita onde non faltan, coma sempre en Ferrín, poesía e ironía.Arrabaldo do Norte, publicada por vez primeira en 1964, constitúe a primeira novela de Méndez Ferrín, agora reeditada na serie Literaria da colección de Peto de Xerais.Esta é unha obra de extraordinarias suxestións. O labirinto, a procura do incógnito, o eterno retorno... E todo exposto cunha técnica exquisita onde non faltan, coma sempre en Ferrín, poesía e ironía (Anxo Angueira). Arrabaldo do norte é un kafkiano percorrido por labirintos circulares dun ser empeñado nunha busca transcendental e estéril que o conduce á destrucción (Diccionario da Literatura Galega). O protagonista busca polo labirinto do Arrabaldo, sen atopar nunca o que procura. Cando publica Arrabaldo do norte, Méndez Ferrín militaba na UPG, recén creada na clandestinidade. Esta militancia na esquerda radical vaille traer cambios á súa vida, estancias na cadea que o marcarán e influirán nas súas obras (Sonsoles López). Otero Pedrayo posuía a grandeza. Cunqueiro posuía a perfección. X.L. Méndez Ferrín ten as dúas calidades xuntas en grao superlativo (Darío Xohán Cabana, Diario 16 de Galicia). Arrabaldo do norte é un relato obxectivista polos camiños do nouveau roman (Vicente Araguas).