Venta y envío de libros

Inmobiliaria
Automóviles
Informática
Electrónica
Casa y Hogar
Turismo y Viajes
Publicaciones
Servicios
Trabajo
Otros anuncios
Venta de libros y envío a todo el mundo

DICCIONARIO DE USO PARA A COMUNICACION

ISBN: 9788483024188
Din que a precisión na expresión é o mellor espello do nivel cultural e da claridade mental dunha persoa. E se nos fixamos neste indicador, temos que recoñecer que non somos un pobo especialmente culto, probablemente porque na nosa etapa de formación escolar nunca se lle prestou a debida atención ó feito de que os coñecementos non se dominan ata que están suficientemente estructurados na nosa mente, e a manifestación máis clara de que o están é a capacidade para expresalos con exactitude e, se é posible, mesmo con elegancia. Se isto é importante para calquera usuario dunha lingua, moito máis o é para os traballadores dos medios de comunicación, tanto orais coma escritos, que teñen na lingua unha ferramenta de traballo que deben dominar e da que deben aproveitar tódolos seus recursos. Por desgracia, non sempre é así, e alguén podería pensar que é debido a que o galego, como consecuencia da súa marxinación histórica, non posúe os medios suficientes para unha expresión clara e precisa de determinadas ideas. Pero nada máis lonxe da realidade: na maioría dos casos é consecuencia dun coñecemento moi superficial da lingua, da falta de estudio e da ignorancia dunha gran parte dos recursos que esta ofrece.