Venta y envío de libros

Inmobiliaria
Automóviles
Informática
Electrónica
Casa y Hogar
Turismo y Viajes
Publicaciones
Servicios
Trabajo
Otros anuncios
Venta de libros y envío a todo el mundo

OBRA LITERARIA COMPLETA (T. I): OBRA EN GALEGO

ISBN: 9788482886435
Coa edición da súa Obra literaria completa Editorial Galaxia conmemora os cen anos do nacemento de Ánxel Fole. En tres extensos volumes con capa dura, esta edición estivo ao coidado do profesor Claudio Rodríguez Fer, que realizou a introdución e compilou os textos . A gran novidade é a inclusión dun tomo coa obra en castelán do autor lugués, que inclúe narrativa, poesía e unha selección dos seus artigos de prensa. O lector ten así unha visión máis cabal da obra dun dos autores fundamentais na literatura galega do século XX. Os dous primeiros volumes reúnen a obra en galego do autor de Lugo, volumes que xa se publicaran por primeira vez no ano 1997; por iso era agora necesario reunir a súa dispersa obra poética e narrativa en castelán e unha mostra significativa da súa extensísima producción xornalística, pois non parece posible coñecer ou comprender a traxectoria creativa e profesional foleana sen contar con estoutra dimensión lingüística. A fins dos anos vinte, Fole comezou a escribir os seus primeiros poemas en castelán. Non obstante, non compilará nunca esta producción nun volume e mesmo non a dará a coñecer na prensa literaria e diaria ata moi avanzada a posguerra. Desde os anos cincuenta escribiu xa moi pouca poesía, aínda que foi precisamente nos últimos anos cando deu a coñecer e reeditou boa parte da elaborada antes, así como cando compuxo os seus escasos poemas en galego. Os tres volumes da súa Obra literaria completa, reúnen por primeira vez, xunto ao Fole máis coñecido e fundamental para a narrativa galega, aqueloutra obra en castelán que ata o de agora se atopaba dispersa e que ha axudar a comprender mellor a evolución da obra en galego e algunhas das influencias que a determinaron, amais de ampliar o retrato de Ánxel Fole cunha faceta indispensable da súa vida, a do profesional do xornalismo.