Venta y envío de libros

Inmobiliaria
Automóviles
Informática
Electrónica
Casa y Hogar
Turismo y Viajes
Publicaciones
Servicios
Trabajo
Otros anuncios
Anuncie sus servicios en el mayor sitio sobre España >> 
Venta de libros y envío a todo el mundo

LINGUA E CULTURA GALEGA DE ASTURIAS

ISBN: 9788475078038
Ó non coincidiren os limites administrativos e os lingüísticos na parte oriental do galego, existe actualmente unha total desigualdade xurídica entre os galego-falantes de Asturias, León e Zamora, sen ningún dereito legal ó uso da súa lingua- e os da Galicia administrativa, onde o art. 5 do Estatuto de Autonomía estableceu a cooficialidade co castelán. A isto cómpre engadirlle a existencia de diferencias non lingüísticas entre os galegos do interior e os da franxa exterior, de xeito especial nos que teñen asumido a acción alienadora da fronteira administrativa. A complexa realidade lingüística e sociocultural da Terra Nativa-Eo é obxeto das páxinas do presente libro. Nelas delimítase a fronteira da lingua galega en Asturias, faise un balance do estado da reivindicación do uso do galego nesta zona estremeira e preséntase unha proposta de normalización lingüística para os 18 concellos máis occidentais do principado. Analízanse igualmente aspectos históricos da Terra Navia-Eo, tanto da época romana como da medieval, á vez que se tratan algunhas manifestacións culturais comúns á Galicia administrativa, como o mitema dos mourosa. Epor outra parte, faise unha valoración da importante contribución á cultura galega de intelectuais ligados coa Terra Navia-Eo, como é o caso de Fermín Penzol e de Dámaso Alonso, o grande estudioso do galego de Asturias.