Venta de libros

OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh 
Venta de libros y envío a todo el mundo

DE PERGAMIÑOS, FOLLAS VOANDEIRAS E LIBROS AO .GAL

ISBN: 9788499149837
Un poema é un ser vivo que anda. Parafraseando o noso poeta nacional, Manuel María, prolongamos a afirmación de a literatura galega tamén ser un ser vivo en constanteevolución, que soubo andar sen deter a respiración ante os bos e os malos ventos de cada época; dar forma á utopía; focalizar no seu berro luces e sombras e procurar camiños liberados, sen renunciar ao paso firme, en todos os medios de transporte posíbeis en cada contemporaneidade. Porque, da man dos escritores e escritoras, a literatura, como o poema, como o pobo que a nutriu, nunca estivo disposta a claudicar e aceptar a derrota ordenada por quen se interpuxo no camiño nin asumir a pervivencia eterna das tebras. Porque a literatura, como o poema, nunca morre.